Doce chaves

12 chaves, ou 12 accións para transformar unha realidade que nos limita, nos oprime e nos encadea. 12 principios imprescindibles para crear unha sociedade onde teñan cabida todas as persoas.

Carme e Antón, Antón e Carme, dúas personaxes ficticias baseadas en vidas reais. Dúas persoas atravesadas por múltiples opresións, entre elas a discapacidade. Eles son os protagonistas da campaña anual que Cogami creou con motivo do seu 30 aniversario.

A partir das dúas personaxes, creamos 12 metáforas visuais que nos permiten ver a realidade desde outra óptica, desenvolvidas ó longo de 12 meses: 

A campaña presentouse cun spot no que se recollían as testemuñas de 12 protagonistas.

T Í T U L O~ 12 CHAVES DA INCLUSIÓN
C L I E N T E~ COGAMI
P R O D U T O R A~ EDICIÓN RUSA
F U N C I Ó N S~ IDEA, GUION
D E S C R I C I Ó N~ SPOT PRESENTACIÓN E 12 PÍLULAS DE ANIMACIÓN