Na vida hai moitos altos e baixos

Corría o ano 2007, eu estaba de Séneca en Vic e a miña compañeira de piso levárame a unha premiere no festival de Sitges. Despois do pase fomos a unha festa nun Pachá. Entramos de balde, pero as copas custaban 15€! Isto sóubeno despois de pedirme unha, obviamente.

O caso é que estiven falando cun tipo, non sei se era coguionista da peli que acababamos de ver ou que. El tirábase o rollo. Eu facía cálculos para ver como ía pasar a noite sen un peso. Conteille que escribía. Sorprendido, interesouse por saber onde. Respondinlle que en cadernos, principalmente.

A partir de aí, coido que a conversa non deu para máis. Ó cabo duns días dinme conta do que acontecera. Así que abrín un blogue, por aquilo de poder dicir que publicaba os meus textos nalgures. 

Tiven varios blogues, sobra dicir que ningún coa máis mínima repercusión, pero este foi o que máis perdurou no tempo.

D E S C R I C I Ó N~ BLOGUE PERSOAL

Visita o sitio