Unha campaña de marketing dixital

O turismo de sensacións, como o seu propio nome indica, baséase na creación de experiencias pensadas para espertar os cinco sentidos.

Para promover este novo produto turístico a Mancomunidade de Hostaleiros de Arousa Norte decide crear unha campaña para internet que chegase o máis lonxe posible.

A estratexia dixital, marcada pola estacionalidade na que se lanzou a campaña: o mes de decembro coincidindo coa época de Nadal, baseábase en posicionar Arousa Norte como un destino para regalar.

Para iso, desenvolvemos a plataforma de comunicación Regala Arousa Norte. O centro neurálxico de toda a campaña era unha páxina web onde se daban a coñecer as diferentes propostas dos hostaleiros da Comarca do Barbanza de xeito que se puideran adquirir paquetes de experiencias turísticas pensadas para regalar a alguén especial.

Web Regala Arousa Norte

Para darlle difusión á plataforma leváronse a cabo diferentes accións:

C A R A V A N A~D E~S E N S A C I Ó N S

Creamos varias activacións dirixidas aos medios sociais, entre as cales destacaba un concurso no que se pedía ás persoas usuarias que compartisen o seu plan soñado. De todas as propostas recibidas, escollíanse as 8 máis votadas para agasallalas con 8 experiencias dobres baseadas nas súas propostas. Deste xeito os gañadores podían probar de primeira man o turismo de sensacións e compartir as súas experiencais a través das redes sociais.

I N B O U N D~M A R K E T I N G

Contactamos con influencers relacionados cos cinco sentidos: un cociñeiro para experimentar con diferentes produtos locais, un sumiller que se encargaría de probar uns viños da zona ou bloggers de viaxes para probar as experiencias e relatalas ás súas comunidades. Deste xeito inundáronse os medios dixitais de contidos relacionados coas experiencias que se poden vivir e regalar na Comarca do Barbanza.

C L I E N T E~ MANCOMUNIDADE DE HOSTELEIROS DE AUROSA NORTE
A X E N C I A~ EDICIÓN RUSA, LEONTINO&ELÍAS
F U N C I Ó N S~ ESTRATEXIA E XESTIÓN DA CAMPAÑA, CREACIÓN DE CONTIDOS, COPYWRITING
D E S C R I C I Ó N~ CAMPAÑA DIXITAL PARA PROMOCIONAR O TURSIMO DE SENSACIÓNS